O primeiro domingo e segundo sabado de marzo daremos vida a don Benito Martínez, xefe militar da Xunta gubernativa da xurisdicción de Trasdeza, Provincia de Lugo, para realizar unha visita guiada das miñas á Ponte Ledesma e rememorar o que alí aconteceu nas xornadas do 6 ao 9 de marzo de 1809, fai agora 209 anos.

A Xunta, como en moitos lugares do Reino e da Monarquía, adoptou a soberanía e auto-organizouse na defensa dos dereitos do rei lexítimo Fernando, fronte á imposición napoleónica, comenzando en Galicia a “francesada”, que marcará carácter nas terras do Val do Ulla, e lembrada de xeito claro por exemplo no atuendo dos “xenerais do Ulla” do entroido.

As terras de Trasdeza organízanse dende o campo da feira de Silleda e Benito decide adiantar a defensa mais alá da súa xurisdicción, mais alá do Deza e fortificar a Ponte Ledesma, sobre o Ulla, ponto necesario de comunicación na estrada que vai de Santiago a Ourense.

A idea é entropecer a comunicación deo dous corpos de exército do Imperio francés, o VI do mariscal Ney, o “Ajax da Grande Armée”, que ocupa Galicia, e o II do mariscal Soult, o “mellor maniobreiro da Europa”, estacionado en Allariz e preparado para realizar a II Invasión a Portugal.

Benito Martínez é veterano do Batallón Literario e ten experiencia na defensa de pontes estratéxicas, como o de Mansilla de las Mulas sobre o Esla. Organizará aos labregos de Trasdeza e do sur da Provincia de Santiago. O resto…contocho nestas 2 visitas ás que quedades convidados. Quedamos ás:

12:00 horas

Domingo 4 e sabado 10 de marzo de 2018.

Reunión: palco de música aos pés da Ponte Ledesma do lado de Boqueixón (A Coruña)…aínda que remataremos do lado de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra).