Levamos realizando dende o pasado 17 de maio, Día Sagrado de Galicia, os roteiros troianos pola cidade que veu nacer, desenrrolarse e madurar unha óbra universal como a Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín. Non podía ser doutro xeito, a Compostela rosa mística de Occidente de Valle Inclán foi o universo onde se xestou a historia de universitarios mais coñecida do mundo. Cada venres, cando o sol se pon tras do Pico Sacro, ás 20:30, deixamonos fagocitar polo espríritu do estudante mais pavero da célebre pensión de estudantes de dona Generosa Carollo, Casimiro Barcala.

Durante unha hora e media recitamos a Curros, a Rosalía, a Eça, a Valle…e temos como escenario a eterna pedra de Santiago, que coas súas farolas relfexa lexións de sombras de espíritus tocados conn chisteira. Grazas ó Museo da Casa de la Troya, un dos sitios con mais “genius loci” de Santiago, e particularmente a Benigno Amor, seu responsable, por deixarme disfrutar e medrar mais profesionalmente.

E a vos, qué dicir? Que estades mais que convidados a estes roteiros. Vemonos en Compostela, claro, como sempre.