O exército británico de John Moore xa leva en retirada dende Noiteboa, unha vez que foi informado en Saldaña do tremendo panorama que se lle viña encima. En frente del, o VI Corp do Mareschal Jean de Dieu Soult, o Duque de Dalmacia, o mellor maniobreiro de Europa segundo Napoleón, ou “Duque of Damnation” a partires de agora para os ingleses, e seguindo un infernal ritmo,  Napoleón en persoa coa Garde Imperial dirixindose hacia él dende Madrid.

Plan de Moore: acabouse a festa en España. Escribelle ao xefe español Marqués de la Romana que inicia a retirada hacia o mar e que faga o favor de manterse en León vixiando moi atentamente a estratéxica ponte de Mansilla de Las Mulas, para evitar a grande ameaza de Napoleón, que non é outra que embolsalo entre él ao Sur e Soult ao Norte.

Nesta retirada, os británicos atopanse coa barreira que supón o río Esla, moi crecido nesta época. Cruzano en dous puntos: Moore envía á División dos escoceses de Davie Baird a Valencia de don Juan, situado ao Norte e  él coas outras tres Divisións cruza o Esla en Castrogonzalo, que está frente a Benavente.

Soult e o Emperador aceleran a marcha.  No Norte, Soult envía á súa División de cabalería ao mando do bravo xeneral Franceschi para reventar ao Exército de Galicia pola parte de Mansilla, e Napoleón envía aos “Invencibles de Austerlitz”, aos Chaseur a Cheval do xeneral Lefebvre Desnouetes a Castrogonzalo para cruzar o Esla.

A xornada intensísima e memorable do 29 de decembro remata con con este resultado:

-No sector de Castrogonzalo a flamante cabalería da Garda Imperial de Napoleón cruza o Esla e chega a Benavente, onde son sorprendidos por unha brilante maniovra dos húsares británicos de Lord Paget. É un desastre para os franceses onde cae prisioneiro o mesmísimo xeneral Lefebvre, que estará preso en Inglaterra dous anos.

-Seguindo o curso do Esla arriba está Mansilla de las Mulas, defendido pola Segunda División do Ejétcito de la Izquierda[1], ao mando do xeneral Martiniego, cuns 3000 homes. Ahí tamén estaban os restos do Batallón Literario de Santiago. Franceschi carga cos Chaseurs a cheval do 22º Rexemento da súa División e produce a estampida dos defensores. É a desfeita do Exército de Galicia. O camiño de León queda liberado para as aguias napoleónicas.

A partires de aquí, o caos do exército español. Os supervivintes de Mansilla fuxen a León, onde cunde o pánico. La Romana e todo o exército español inicia a retirada a Astorga, deixando un feito tremendo de enfermos. Nun só día, o Ejército de la Izquierda cubre mais de 50 km a pé e chega destrozado a Astorga na noite do mesmo 29 de decembro.

Esperase a estocada dos franceses. A situación en Astorga é desastrosa. Os ingleses alucinan cando ven chegar a este exército en farrapos. O acordado con La Romana era que mantivera León e en caso de crise deixara libre Astorga e o camiño de Galicia para a retirada británica. Os dous exércitos xuntanse en Astorga. Non hai comida para todos, mais ou menos uns 40.000 homes. Os británicos perden a disciplina e botanse á bebida, e o exército español parece unha masa de vagabundos.

La Romana reúnese con Moore o mesmo 29[2] e traga naturalmente coas esixencias que lle impón o indignado xeneral escocés. Os británicos seguirán o camiño a Galicia primeiro, ocupando a ruta á Coruña por Villafranca e a carretera que vai a Ourense pasando por Foncebadón. Os españois que fagan o que podan.

La Romana decide continuar detrás dos británicos pola ruta menos masificada, a meridional que leva a Ourense e desmoviliza o que pode. A Xunta de Sevilla anima a enviar aos combatentes a casa para que formen na súa terra as alarmas e movilicen aos paisanos na Guerra irregular ou de guerrilla. Mesmo Pablo Morillo será comisionado pola Junta con este fín. Nominalmente o Batallón Literario deixa de existir en Mansilla. Son poucos os cadetes que non morreron a sablazos ou sobre todo nas camillas dos hospitais ou quedaron cautivos. Os irmáns Martínez, don Benito e don Gregorio, subtenentes, inician unha odisea polos montes do Bierzo e Lugo de regreso a súa casa. á Trasdeza.

 

[1] Logo da estrepitosa derrota de Espinosa de los Monteros o 11 de novembro de 1808, o xeneral Blake foi cesado pola Xunta Gubernativa, dende Sevilla, e sustituído polo Marqué de La Romana. Isto molestou ós oficiais do vello Ejército de Galicia e á propia Xunta Suprema de Galicia. A orde despois de Espinosa foi a reconcentración en León. La Romana reparteu os restos dos rexementos das súas cinco Divisións pola rexión de León, quedando estacionada a Segunda en Mansilla para a defensa da importante ponte sobre o Esla. Igualmente quedaron en Mansilla destacados elementos da Primeira División como o Batallón Literario ou Voluntarios de Santiago.

[2] Summerville dí que Moore non chega a Astorga ata o 30 de xaneiro. Christopher Summerville. La marcha de la muerte. RBA, 2006, pag. 87.