FONS VITAE. LAS VISITAS TEATRALIZADAS DEL PARADOR DOS REIS CATOLICOS DE SANTIAGO

Con motivo de la celebración del Mes de la Historia, organizado por Paradores, estoy realizando el precioso reto de encarnar a don Nicolás de Neira y Páramo, administrador del Real Hospital de Santiago en las visitas teatralizadas de uno de los edificios con mayor “genius loci” de Europa: el Hostal de los Reyes Católicos de Santiago.

Las visitas son durante los viernes del mes de marzo y es necesario reservar plaza en la Recepción del Parador.

Ponte Ledesma, 1809. Visita dramatizada…das miñas

O primeiro domingo e segundo sabado de marzo daremos vida a don Benito Martínez, xefe militar da Xunta gubernativa da xurisdicción de Trasdeza, Provincia de Lugo, para realizar unha visita guiada das miñas á Ponte Ledesma e rememorar o que alí aconteceu nas xornadas do 6 ao 9 de marzo de 1809, fai agora 209 anos.

A Xunta, como en moitos lugares do Reino e da Monarquía, adoptou a soberanía e auto-organizouse na defensa dos dereitos do rei lexítimo Fernando, fronte á imposición napoleónica, comenzando en Galicia a “francesada”, que marcará carácter nas terras do Val do Ulla, e lembrada de xeito claro por exemplo no atuendo dos “xenerais do Ulla” do entroido.

As terras de Trasdeza organízanse dende o campo da feira de Silleda e Benito decide adiantar a defensa mais alá da súa xurisdicción, mais alá do Deza e fortificar a Ponte Ledesma, sobre o Ulla, ponto necesario de comunicación na estrada que vai de Santiago a Ourense.

A idea é entropecer a comunicación deo dous corpos de exército do Imperio francés, o VI do mariscal Ney, o “Ajax da Grande Armée”, que ocupa Galicia, e o II do mariscal Soult, o “mellor maniobreiro da Europa”, estacionado en Allariz e preparado para realizar a II Invasión a Portugal.

Benito Martínez é veterano do Batallón Literario e ten experiencia na defensa de pontes estratéxicas, como o de Mansilla de las Mulas sobre o Esla. Organizará aos labregos de Trasdeza e do sur da Provincia de Santiago. O resto…contocho nestas 2 visitas ás que quedades convidados. Quedamos ás:

12:00 horas

Domingo 4 e sabado 10 de marzo de 2018.

Reunión: palco de música aos pés da Ponte Ledesma do lado de Boqueixón (A Coruña)…aínda que remataremos do lado de Gres en Vila de Cruces (Pontevedra).

 

29 de decembro, 1808. Desastre francés en Benavente e Napoleón machaca ao Batallón Literario en León.

O exército británico de John Moore xa leva en retirada dende Noiteboa, unha vez que foi informado en Saldaña do tremendo panorama que se lle viña encima. En frente del, o VI Corp do Mareschal Jean de Dieu Soult, o Duque de Dalmacia, o mellor maniobreiro de Europa segundo Napoleón, ou “Duque of Damnation” a partires de agora para os ingleses, e seguindo un infernal ritmo,  Napoleón en persoa coa Garde Imperial dirixindose hacia él dende Madrid.

Plan de Moore: acabouse a festa en España. Escribelle ao xefe español Marqués de la Romana que inicia a retirada hacia o mar e que faga o favor de manterse en León vixiando moi atentamente a estratéxica ponte de Mansilla de Las Mulas, para evitar a grande ameaza de Napoleón, que non é outra que embolsalo entre él ao Sur e Soult ao Norte.

Nesta retirada, os británicos atopanse coa barreira que supón o río Esla, moi crecido nesta época. Cruzano en dous puntos: Moore envía á División dos escoceses de Davie Baird a Valencia de don Juan, situado ao Norte e  él coas outras tres Divisións cruza o Esla en Castrogonzalo, que está frente a Benavente.

Soult e o Emperador aceleran a marcha.  No Norte, Soult envía á súa División de cabalería ao mando do bravo xeneral Franceschi para reventar ao Exército de Galicia pola parte de Mansilla, e Napoleón envía aos “Invencibles de Austerlitz”, aos Chaseur a Cheval do xeneral Lefebvre Desnouetes a Castrogonzalo para cruzar o Esla.

A xornada intensísima e memorable do 29 de decembro remata con con este resultado:

-No sector de Castrogonzalo a flamante cabalería da Garda Imperial de Napoleón cruza o Esla e chega a Benavente, onde son sorprendidos por unha brilante maniovra dos húsares británicos de Lord Paget. É un desastre para os franceses onde cae prisioneiro o mesmísimo xeneral Lefebvre, que estará preso en Inglaterra dous anos.

-Seguindo o curso do Esla arriba está Mansilla de las Mulas, defendido pola Segunda División do Ejétcito de la Izquierda[1], ao mando do xeneral Martiniego, cuns 3000 homes. Ahí tamén estaban os restos do Batallón Literario de Santiago. Franceschi carga cos Chaseurs a cheval do 22º Rexemento da súa División e produce a estampida dos defensores. É a desfeita do Exército de Galicia. O camiño de León queda liberado para as aguias napoleónicas.

A partires de aquí, o caos do exército español. Os supervivintes de Mansilla fuxen a León, onde cunde o pánico. La Romana e todo o exército español inicia a retirada a Astorga, deixando un feito tremendo de enfermos. Nun só día, o Ejército de la Izquierda cubre mais de 50 km a pé e chega destrozado a Astorga na noite do mesmo 29 de decembro.

Esperase a estocada dos franceses. A situación en Astorga é desastrosa. Os ingleses alucinan cando ven chegar a este exército en farrapos. O acordado con La Romana era que mantivera León e en caso de crise deixara libre Astorga e o camiño de Galicia para a retirada británica. Os dous exércitos xuntanse en Astorga. Non hai comida para todos, mais ou menos uns 40.000 homes. Os británicos perden a disciplina e botanse á bebida, e o exército español parece unha masa de vagabundos.

La Romana reúnese con Moore o mesmo 29[2] e traga naturalmente coas esixencias que lle impón o indignado xeneral escocés. Os británicos seguirán o camiño a Galicia primeiro, ocupando a ruta á Coruña por Villafranca e a carretera que vai a Ourense pasando por Foncebadón. Os españois que fagan o que podan.

La Romana decide continuar detrás dos británicos pola ruta menos masificada, a meridional que leva a Ourense e desmoviliza o que pode. A Xunta de Sevilla anima a enviar aos combatentes a casa para que formen na súa terra as alarmas e movilicen aos paisanos na Guerra irregular ou de guerrilla. Mesmo Pablo Morillo será comisionado pola Junta con este fín. Nominalmente o Batallón Literario deixa de existir en Mansilla. Son poucos os cadetes que non morreron a sablazos ou sobre todo nas camillas dos hospitais ou quedaron cautivos. Os irmáns Martínez, don Benito e don Gregorio, subtenentes, inician unha odisea polos montes do Bierzo e Lugo de regreso a súa casa. á Trasdeza.

 

[1] Logo da estrepitosa derrota de Espinosa de los Monteros o 11 de novembro de 1808, o xeneral Blake foi cesado pola Xunta Gubernativa, dende Sevilla, e sustituído polo Marqué de La Romana. Isto molestou ós oficiais do vello Ejército de Galicia e á propia Xunta Suprema de Galicia. A orde despois de Espinosa foi a reconcentración en León. La Romana reparteu os restos dos rexementos das súas cinco Divisións pola rexión de León, quedando estacionada a Segunda en Mansilla para a defensa da importante ponte sobre o Esla. Igualmente quedaron en Mansilla destacados elementos da Primeira División como o Batallón Literario ou Voluntarios de Santiago.

[2] Summerville dí que Moore non chega a Astorga ata o 30 de xaneiro. Christopher Summerville. La marcha de la muerte. RBA, 2006, pag. 87.

12 de diciembre 1808. Salamanca

Sin novedad en el día de hoy.

11 de diciembre 1808. Tranquilos en Salamanca

Aquí estamos en las visitas dramatizadas interpretando al Teniente General en el Jardín de San Carlos.

Sin novedad hoy.

El ejército británico de John Moore descansa y vive bien en Salamanca. Al resto de las fuerzas que vienen por la carretera de A Coruña al mando de Baird aún le quedan algunos días para llegar al punto de reunión.

Hace 209 años, esta era la situación:

-John Moore en Salamanca. Sabe que no hay ejército español en pié con el que colaborar y que está Napoleón con al menos 5 cuerpos de ejército con todos los veteranos de Tilsit.

-John Moore en Salamanca desconoce que los franceses no saben todavía donde está. En realidad, cree que están en Portugal.

-David Baird avanza a pasos forzados hacia Salamanca para que el ejército británico esté reunido y pueda maniobrar.

-Los pobres soldados gallegos y asturianos del ejército de Blake deambulan por las heladas montañas cántabras a sus casas o a León, donde se les ha ordenado que se reagrupen y donde les espera un nuevo jefe, el Marqués de “Romerías” La Romana.

Esto pasaba hace 209 años.

10 de diciembre de 1808…tal día como hoy hace 209 años

Sigue la tranquilidad en Salamanca. Es la paz que precede a la tormenta y a las penurias para el ejército británico.

A pesar de las catastróficas noticias que trae Thomas Graham de Madrid, Moore sigue optimista y pretende actuar. Para algo han venido hasta aquí, a pesar de la colaboración  cero de los ejércitos españoles, machacados por Napoleón. Encima, la Junta de Sevilla cesó a Joaquín Blake en el mando del Ejército de Galicia o de la Izquierda, hombre de orígen irlandés con el cual podría haber entendimiento. Al menos, de manera más clara que con el actual comandante español La Romana.

Moore dice “Acosaré las líneas de comunicación de los franceses para distraerlos. Así tendrán una oportunidad los españoles”. Es decir, Moore se niega a retirarse y pretende hacer algo que sirva para “vender” en Londres.

Tal día como hoy hace 209 años

Aquí estamos en las visitas dramatizadas interpretando al Teniente General en el Jardín de San Carlos.

El ejército expedicionario de sir John Moore permanece estacionado en Salamanca. Hace días ya que el mismísimo Emperador de los Franceses Napoleón ha entrado en Madrid, escoltado por Cuerpos de la Armée, que suman 80.000 efectivos.

Moore, aún así, envía a Graham para que espíe y averigue cuál es la actitud de las autoridades y del pueblo de Madrid. No tiene sentido permanecer a ultranza en un territorio que se ha rendido.

Tal día como hoy informa Graham que la cosa está negra, o pasa de marrón oscuro. Sin embargo, sir John Moore aún piensa en maniobrar para dar opción a las tropas españolas del Sur que hagan algo. Envía una nota a su compatriota “Davie” Baird que apresure la marcha y se junte con el grueso del ejército en Salamanca, para comenzar la maniobra.

Mientras esto pasa, el Ejército de la Izquierda español, machacado en Espinosa de los Monteros en aquel frío 11 de noviembre de 1808, aún trata de reorganizarse. Orden a los rezagados y soldados perdidos por los montes de la Cornisa Cantábrica: reagrupación en León. Van llegando arrastrándose. Hay un nuevo comandante, La Romana (Joaquín Blake fué cesado), y hay unidades desaparecidas. El Batallón Literario de Santiago llega sin jefe, el coronel Armada, y La Romana envía a Pablo Morillo a Galicia para organizar levantamientos populares contra los franceses que seguro tomarán A Coruña.

El Batallón Literario es practicamente disuelto, y algunos de sus supervivientes enviados a casa para organizar las “Alarmas” populares. Dos de estos cadetes retornados son los hermanos Martínez, que regresan a Trasdeza.

Esa era la situación el 9 de diciembre de 1808.

DECLAMACIÓN DE JUAN ARES VIZOSO, PROCURADOR XERAL DA VILA DE VIVEIRO ANTE CARLOS I PARA A FEIRA RENACENTISTA. Texto de Suso Martínez

 

Señor, vuesa grandeza real et imperial pisa una villa que le es moi leal et fiel, como puerto et una de las llaves de aqueste reino de Galicia. Et Vos et los reyes et reinas antecesores vuestros que os preçedieron en vuestro trono honraron a aquesta villa con muytas grandeças et honras, pero Vos sois un preçiado bien para esta villa. Pues cuando el infortunio y mal fado cebaronse con esta desdichada villa de la guisa de grandes llamas como asemejandose a las de los infiernos, durante el gran fuego habido entre nos el pasado año de 1545 de Nuestro Señor, Vuestra católica magestad apiadóse de su villa y otorgó el gran bien del perdón de la alcabala y los millones que han de ser pagos a la Hacienda de la Monarquía para todo tiempo jamás mientras duraren los trabajos de sanación de dichos males, pues gran parte de la çerca, casas principales et rúas fincaron estropeadas y pasto de las llamas.

Et la dicha villa de Vivero os honró derribando el viejo postigo del puente, que amenazaba ruína, y os dedicó una Gran Puerta erguida por el maestro de óbras a itálico modo, como la Bisagra toledana de su magestad católica, siendo vuestro Corregidor el Licenciado varón Carasa de Tordesillas. Esa será, en vuestro honor, Señor, a partir de agora el antemural, guardia y Gran Puerta de la Villa.

Os resçibe, Señor, una villa de grandeza en la Historia, siempre fiel, y Guardia de vuestro cristianísimo reino de Galicia. Atrás quedaron las turbulencias, ofensas a los ojos de Dios Nuestro Señor, con los señores obispos de Mondoñedo, que reclamaban injustamente la jurisdicción de aquesta villa que nunca fué su deseo y jamás reconoció otro señor que a su Católica Magestad real et imperial et a los reyes et reinas antecesores vuestros, que en la Paz del Señor viven. Una villa fiel, Señor, que renueva ante Vos los ruegos que el Concejo de manera reiterada a ofrescido ultimamente el Licenciado Pedro Fernández de Orol a vuestros corregidores, Capitán General y Junta General del Reino de Galicia de que se conceda a la villa y jurisdicción la naturaleza de Provincia del Reino, como es de justicia atendiendo a los méritos et importancia del comercio et tráfico de aquesta Guarda del Reino.

Concedednos, Señor, la gracia y don a aquesta villa de ser la Séptima Provincia de vuestro cristinísimo Reino de Galicia.

Sois rescebido, Señor, en la Plaza de la villa, ante el Corregidor, señores oficiales del Concejo, procuradores de los cuatro linages de la villa, clero presidido por los párrocos del Señor Santiago y Nuestra Señora, señores abad y guardián de los freires dominicos et franciscos extramuros de la villa, capitán de la milicia del Concejo, alguaciles, hombres de armas y pueblo de la villa. Sois reconocido como señor nuestro y como tal llegais hasta las casas reales de la villa.  La villa habla por boca de aqueste humilde Procurador General de la Villa, capitán de infantería Juan Ares Viçoso, moi humilde servidor de vuestra católica magestad real et imperial, que aqueste año ejerce oficio por ser turno de mi linage viejo Viçoso, que junto a los Galos, Alfeiranes y Coras se suceden desde tiempo inmemorial.

Vivarienses, vivarienses, vivarienses! Gritad junto a vuestro Corregidor! El Reino de Galicia y Vivero, Vivero, Vivero, por Carlos I Nuest

1906. Pregón do IV Ribadeo Indiano (Declamado no Quiosco do Campo de San Francisco de Ribadeo o 07-07-17 ás 22:30)

 

“Todolos os galegos temos o deber de facer exame de conciencia acerca da nosa conducta en América.

Dígovolo eu,  que mesmo fun americano”

 

Antón Vilar Ponte. Almas Mortas, 1922.

 

Esta non é a Galicia de verdade.

Non poñan esa cara, pois Dublín tampouco é a Irlanda de verdade. Eu doulles a miña palabra de honra ós numerosos amigos que nos acompañan e enchen ó noso Ribadeo dende os diversos puntos de España que si marchan a Buenos Aires ou Montevideo, alí chamarannos “gallegos” independentemente da súa orixe. Mellor que Buenos Aires, hai unha cidade do universo galeguista que nos fai arrepiar de emoción nada mais pronunciar o seu nome. A perla do Caribe. A patria de Lugrís ou Antón Vilar Ponte. La Habana.

 Vaian aló. Situénse de fronte ó Capitolio de La Habana, símbolo da nova república. E miren logo ás costas, e verán o Centro Galego, vello Teatro Nacional, onde naceron o Cículo Habanero da Devesa e a Unión Rinlega de Jesús Rodríguez Murias,  e entón daranse conta que os galegos na matria somos dados a quitarnos os ollos uns aos outros dende os tempos dos celtas, pero fora, lonxe da xesta e do orballo, fora do país, facemonos grandes, xigantes. Aló escribía Curros. O mestre Chané púñalle música.

Aló fixestes todo: os símbolos, a bandeira (salvidade feita do escudo do Santísimo Sacramento, o mais antígo da Cristiandade, establecido por Requiario no 411), o himno…mais insisto, o mesmo fixeron os irmáns de Eire.

A vella Esmeralda Illa vese dende a Atalaia de Ribadeo según a lenda. As súas xentes e historia son as nosas xemelgas: emigrantes, celtas, cristiáns, traballadores, poetas e soldados, festeiros, a crise da pataca, a fame negra, a Liga Gaélica, A Liga Gallega de Murguía, Pearse, Vilar Ponte, O´Donovan Rosa, Pondal, de Valera, Castelao.

Os americanos irlandeses fixeron todo en New York. Nós na nosa América.  Hai algo mais entrañable para nós que dicir Buenos Aires, Montevideo, Caracas ou La Habana? Tamén nos EEUU. Pois a nosa xente da Devesa en Tampa e Miami fixeron da Florida tamén parte da nosa América.

Os arxentinos e uruguaios eramos comerciantes, dependentes de tendas, fruteiros, hostaleiros, e os mellores contables de miles de empresas familiares. Os cubanos, en cambio, solían ser torcedores de tabacos nos “chinchales” na Habana ou nos enxeños das aldeas caribeñas, como os Murias en Dimas ou Puerta de Golpe.

Tras un fugaz paso por Buenos Aires, o destino levoume ós pagos gauchos da República Oriental, á que non tiven mais remedio que fundirme ó seu destino como un patriota uruguaio e gaucho mais, mais un galego uruguaio…pois a condición de galego é un privilexio de carácter universal. Deste xeito, hai millóns de galegos arxentinos, venezolanos ou cubanos.

No Tala inventei da nada cá tecnoloxía do ciclostyle o Tala Cómico, e deume por cultivar as letras, cousa que sempre me reinou. Nas mulleres e homes do interior do Plata vín as mulleres e homes traballadores da Devesa ou da Rochela, os mariñeiros rinlegos,… mulleres feras e valentes, depositarias dunha tradición nacional. Non puiden mais que adoptalos e facer dos seus acentos os meus e da súa ialma a miña. Deronme logo en chamar o intérprete do espíritu gaucho, e mesmo representado fun a cabalo como un vaqueiro daqueles pagos, heroicizado polo pintor de Ribadeo Amando Suárez, mais eu sempre me considerei un home normal, un ribadense, que a aventura da vida e da xuventude levoume por sendas insospeitadas. Este sempre será o embruxo do apaixoante e longuísimo XIX e comenzos do XX, que rachou tempos e velocidades, tradicións e vellos rexímes. Vivíamos o final dunha forma de vivir e a Fortuna quén diós sabe o que nos depararaía tras do Ultramar, tan loxe do noso e dos nosos.

Tras os estudios na Escuela náutica y de comercio entre os anos 72 e 75, saín do meu Ribadeo can catro farrapos e os cartiños para o xusto en Buenos Aires…

…emigrado camiño de América

vai o infeliz Amador…,

como dicía o grande Curros, que morreu aló na Habana e os galegos trouxemos a súa bendita reliquia coma un pino seco, “leixado do vento, coma botado polo Mar de Niñóns” en 1907, un ano despois da miña estadía entre vos, cando regresei ó meu Ribadeo para facer unha fugaz visita á terra e ós mortos. Curros foi sepultado no Santo Amaro da Coruña, moi pretiño de don Segundo Moreno Barcia, gran prócer de Ribadeo, avogado e mestre na Escola Nautica (edificio que hoxe é biblioteca e que leva o meu nome), gran defensor da sagrada Galicia, librepensador e grande republicano. O seu periódico, “La cuenca del Eo” editado entre 1866 e o 67 deixou unha brisa liberal que moito corroía á curandalla trinitaria de Mondoñedo, os mesmos que despedazaron ó bon Raimundo Ibáñez, que por certo nunca quixo ser marqués. Tamén aquí, na Devesa, está o cemiterio dos indianos. Dende aquí solicito ás autoridades celo e protección en canto ben moble senlleiro, testemuña da epopea dun pobo. Aló descansa don Pedro Murias.

Na metrópole bonaerense entroume a negra sombra que a todos os galegos e astures nos toma cando eramos recén chegados ó mundo novo. Blanco Amor chamoulle “o sentimento”. Non facía mais que mirar ós grandes clipers que zarpaban a Vigo (até alí logo chegou cargado nun vapor o meu busto de ferro desta praza, cousas da vida, ou os camiños da vida como diría o grande don Ramón Otero Pedrayo). No porto da Boca, eu ollaba ás pombiñas arxénteas mensaxeiras, e unha naiciña me falaba ó oído…

“pombiña mensaxeira, fálalle ós emigrados, que lonxe da patria súa penan”. Rosalía é a “abueliña” de todos, comprensiva. É a naiciña e esposa santa que o emigrante deixaba na aldea…sempre Xonxa!

Na Arxentina urbana coñecín o século e os seus vicios. Galegos, italianos e irlandeses entendíamonos no lunfardo da Boca. Xa consagrado como o poeta do Uruguai, escribín letras universais para os tangos de Carlos Gardel. Gardel era un xigante. Dos seus ollos emanaba luz. Era un Apolo. Era especial. E como moitos especiales, desaparecido nun mal do século: os desastres ou accidentes dos enxeños e máquinas de transporte. Gardel morreu dentro do seu avión que se precipitou en Colombia; e o grande actor galego Bernardo Jambrina, que saíra da Escola Galega de Declamación das Irmandades da Fala, cargado dos laureis do triunfo americano, morreu nun accidente de auto, non moi lonxe de aquí, cando índo de tourné ía estrenar en Avilés.

O tango é lamento de home, débese cantar con un lume aceso no peito e con máns e pés de xeo. É un lamento retorcido que se debe domar, como o sonido das gaitas.

Eu escribín para él Insomnio:

“Tuíto es frío

tuíto es miedo dentro.

Y las horas pasan y yo no me duermo.

Y allá en lo profundo de mi pensamiento,

arden encendidos dos hojos matreros,

que los llevo adentro.

Pucha! que son largas las horas de invierno”

Xa feito un home de mundo regreso á Terra. Veñovos a ler con grande emoción o Pregón do meu Ribadeo Indiano, a festa mais luminosa e bonita do mundo enteiro! Veño do meu Uruguai, e aquí me tedes có meu aspecto de 1906, con 50 anos xa feitos, mais sen o moustache e o aspecto de patricio senectatis do meu busto do grande escultor Sanmartín. No 1906 tamén morreu na Habana o emperador de los campos de Cuba, Pedro Murias, sen fillos. Deixou os cartiños guardados para realizar nos campos de Ribadeo un soño: unha moderna escola de capacitación agraria. Fíxose unha xunta de patronos e vincularonse ós alcaldes de Ribadeo no seu rol de executores da alta misión. Un destes alcaldes chegará a ser Pancho Maseda, alcalde que foi moitos anos. Eu querolle moito pero foi alcalde durante as duas homenaxes que se me fixeron: no 1946, coa presencia do presidente da RAG o grande Manuel Casás; en en 1957, con ocasión do centenario do meu nacemento.

Podemos dicir con grande solemnidade o que dicía son Manuel Casás: estudiar en Compostela, era un punto; estar aloxado na Casa da Troia eran dous puntos, e fumar un puro La Devesa eran tres puntos.

Vexo dende aquí a torre de Santiago de Castropol, e a melancólica Alameda. Alá aínda me vive (recorden que estamos no 1906) a miña nai, meu irmán Ramón, Carmen e a miña sobriña Paquita, a que me guarda os papeliños.

Quero lembrarme do grande descubrimento que o meu pobo de Ribadeo fixo da miña figura. Foi no ano 1946, tres anos antes que o cementerio habanero da Devesa se rematara e catro anos antes do traslado das cinzas do cidadán ribadense Pedro Murias. Grande homenaxe se me rendeu grazas ós desvelos de don Dionisio Gamallo Fierros, cuxa estatua está no mesmo Campo da Feira, como que mirando fixamente cá súa gorra ó meu busto, traído da América no 1957.

Quixeron os galegos de entonces que aquel acto non fora só a homenaxe da miña vila condal de Ribadeo, senón a homenaxe de todo o vello reino de Galicia. Asistiu o presidente da Real Academia Galega, o procer coruñés e vello estudante troiano don Manuel Casás. Aqueles días recitáronse versos de Rosalía, puxose o meu nome á miña rúa costa abaixo ou costa arriba… depende de onde se mire…, do vello valado medieval da vila, instalouse na miña fachada a placa cás armas mais antígas da Cristiandade Occidental e da independencia americana: Galicia e Uruguai.

Aquí onde me tedes, tamén un gran naviego. Cando ofenden a Asturias, para mín e como se ofenderan á miña sagrada Galicia. Mesmo se xogou un partido clásico de futbol entre o Ribadeo, que viste cás cores do vello pabellón naval e polo tanto igual que á miña selección de Uruguai Campeona del Mundo, contra o Navia.

Ós de Ribadeo o de emigrar xa nos ven de lonxe. Dende esta costa os celtas milesios zarparon das praias das Augasantas para conquistar Irlanda, os seus fillos regresarían logo acaudillados polo bon bispo Maeloc, que quere dicir en gaélico algo tan ribadense como “o meu santiño”. A Ría estaba inzada de castros a xeido de fortalezas para defendernos de quén viña cruzando as ondas. Os templarios, que sabían que por aquí pasan os camiños sagrados mariños que levan a Compostela, sentaron presencia. Por aquí pasaron peregrinos santos. Mesmo dín que Santo Domingo zarpou dende Porcillán hacia o país de Oc para predicar contra os albigenses. Antes, o outro grande pobriño, Francesco, debeu pasar por aquí cando se dirixía fai 802 anos a Compostela e a África. Se él non, de seguro os seus primeiros seguidores, pois este Campo de San Francisco veu agromar unha das mais antígas comunidades do cordón xunto cá de Viveiro. Neste Campo vexo nas noites milleiros de espectros e pantasmas dos tempos medievais. Aquí estivo a Colexiata de Santa María, que atesouraba o corpiño, o corpo santo, de Paio Cebeira, de cando Ribadeo pasou a ser a sede episcopal no sitio de Mondoñedo. Mais adiante, a derrota da boa nobleza trouxo ó bastardo Henrique o das dádivas ó trono, e Ribadeo foi trocado en rubí para a coroa condal dun nobre franco das compañías brancas, Pierre de Villaines, que non estivo aquí nin se lle esperou, como ó resto dos grandes condes como o célebre Rodrigo de Villandrando. Aínda así os condes tiñan unha fortaleza con duas torres aquí, como símbolo da inxustiza e opresión. O grande arquitecto de Bueno Aires Julián Sánchez transformou as torres dos condes nas torres, mais que Torre, dos irmáns Moreno, don Juan e don Pedro. Vemos aquí, onde se erguía o símbolo da opresión a gloria do Modernismo catalán (pois o arxentino Julián García era seguidor do seu mestre Puch i Cadafalch). Este Julián García fixo equipo en Ribadeo có enxeñeiro Angel Arbeitx e traballan seguramente no chalet da Calzada, unha verdadeira Casa de les Puntches na Avenida dos Indianos. Modernismo mezclado con arquitecturas indianas.

Mais que arquitectura indiana, hai que falar da arquitectura do país, erguida por mestres de óbra do país, que executan proxectos americanos, con elementos americanos, pero con solucións autoctonas.

Veñan…veñan ós nosos Grandes Paseos e falaremos de sotabancos, barandas, palmeiras, araucarias, Margaritas Places, gurugús, balcóns imperias…mais tamén do espríto e da ialma. Falaremos do material e do inmaterial.

Grazas de corazón a vós, ribadenses, que organizades esta festa á altura da grandeza desta vila condal, Porta Norte de Galicia. Grazas ós organizadores. E grazas ó mellor alcalde da historia contemporánea de Ribadeo, don Fernando, de alma uruguaia como este servidor que lles leeu este Pregón.

 

Salúde! Saúde! Saúde!

 

Os roteiros troianos

Levamos realizando dende o pasado 17 de maio, Día Sagrado de Galicia, os roteiros troianos pola cidade que veu nacer, desenrrolarse e madurar unha óbra universal como a Casa de la Troya de Alejandro Pérez Lugín. Non podía ser doutro xeito, a Compostela rosa mística de Occidente de Valle Inclán foi o universo onde se xestou a historia de universitarios mais coñecida do mundo. Cada venres, cando o sol se pon tras do Pico Sacro, ás 20:30, deixamonos fagocitar polo espríritu do estudante mais pavero da célebre pensión de estudantes de dona Generosa Carollo, Casimiro Barcala.

Durante unha hora e media recitamos a Curros, a Rosalía, a Eça, a Valle…e temos como escenario a eterna pedra de Santiago, que coas súas farolas relfexa lexións de sombras de espíritus tocados conn chisteira. Grazas ó Museo da Casa de la Troya, un dos sitios con mais “genius loci” de Santiago, e particularmente a Benigno Amor, seu responsable, por deixarme disfrutar e medrar mais profesionalmente.

E a vos, qué dicir? Que estades mais que convidados a estes roteiros. Vemonos en Compostela, claro, como sempre.

© 2018 Suso Martinez